venres, 2 de xuño de 2017

Elena Ferro


ELENA FERRO

Elena Ferro é unha zoqueira.
As zoqueiras e zoqueiros fan zocos de forma artesá. Elena herdou o oficio do seu avó. Este aprendeu a facer zocos no 1915, aos 15 anos.



Os zocos teñen a sola de madeira mentres que os zapatos que usamos agora a teñen de goma.
Os zocos son mellores ca os nosos tenis porque protexen os pés da auga e dan calor.
Fai anos o 90% dos gandeiros usaban zocos durante todo o inverno , ao seguinte ano non mercaban outros, tiñan que cambiarlle a madeira da sola por outra nova porque estaba desgastada. Así usaban os mesmos zocos con madeiras novas varios anos. Podían ter dous tipos de madeiras: de bidueiro, que era máis resistente e pesada e tiña a cor clara; ou de abeneiro, menos resistente, máis lixeira e máis escura. A pel que se usa é de pel de vaca e antes de cortala e colocala nós zocos ten que curtila un curtidor.
Os zocos teñen unha parte chamada xabreira, que é un pequeno suco ao redor da madeira no que se crava a pel.
Agora úsanse menos pero Elena Ferro fixo modelos moi bonitos e modernos porque xa non se busca a resistencia coma antes.


Lucas Vázquez 5ºB

venres, 26 de maio de 2017

O Xardín de Xana


O Xardín de Xana

    Enterámonos de que iamos a facer un xardín para a xacia Xana cando Lourdes
nolo dixo.
    Era para regalarllo a todos os nenos e nenas do cole. No xardín viviría Xana e por iso tiña que ser máxico, e así foi.
   Lucas trouxo un carromato feito de madeira e unha bicicleta feita de botóns e arames. Ah! Case me esquecía, Aaron trouxo un trol de xoguete cunha casiña e Daniela ferramentas pequeniñas para traballar na horta. Lourdes fixo: a ponte, o bam-bam, o tendal, trouxo plantas e tamén trouxo un muíño de xoguete, unhas ventás e unha mesa.
  Empezamos a facer as obras pouco a pouco e peza a peza. Tamén escribimos unha vida "real" para XANA.
Uns días despois Lourdes leunos a historia que inventamos sobre Xana:
        Xana era unha xacia, pero... algo pasou no lugar onde vivía ???? e agora Xana desexou ter pes, e tivo pes; desexou ter ás e tivo ás. Agora converteuse nunha xacia-fada.
As xacias-fadas teñen que ser invisibles, só algunhas veces, polas noites se lles ve o po das ás que é dourado.Un día a raíña das xacias concedeulle a Xana non ser invisible, pero coa condición  de non moverse nunca cando alguén a poida ver.
Xana está no xardín aburrida, e quere divertirse, por iso quere que os nenos e nenas do cole vaian a ler libros ao seu xardín.
 

                                            Xana a Xacia
 
        Xana era unha Xacia que vivía no Encoro de Cecebre. 
        Nós, os nenos de 5ºB, saímos de excursión cara aló 
        para anelar as aves coas que Xana xogaba. Alí, ocorreu 
        algo fantástico, un neno mollou o calzado e a mestra
        mandoulle descalzarse e, cando o fixo, tiña uns pés
        pequeniños e feitiños. Xana, que quería uns pés coma
        eses, suplicoulle a raíña Xacia que lle concedera uns.
        A raíña concedeullos a cambio de non ser vista en 
        movemento por ningún neno. Os pés que lle deu 
        estaban moi sucios porque o seu dono anterior era
        un trasgo moi porquiño e tivo que fregar neles.
        Ademais dos pés a Xana tamén lle saíron unhas
        preciosas ás.

        Xana decidiu vir cara o noso colexio e tras moitos
        días de correr, voar e andar na súa bicicleta chegou 
        ao colexio. Ela quería aprender cos nosos libros e
        foi un día...dous...(non vale contar trolas) foi 
        durante unha semana enteira á biblioteca, e foi 
        vista por nenos e mestras que facían que non a vían.
        A raíña Xacia, que o sabe todo, díxolle que como
        volvera a moverse cando alguén a puidera ver lle 
        quitaba as pernas. Entón cada vez que poidamos
        vela non se moverá.

        Os nenos de 5ºB fixémoslle a casa a Xana. Ela 

        pídevos a todos os do colexio que cando poidades
        que vaiades ler ao seu xardín para poder coñecer
        as historias que teñen os libros.

 

Diego Roel Rilo             5ºB

Xana xa chegou

Xana é unha xacia que vive no cole nun xardín que creamos entre toda a clase de 5.ºB . Aínda que a idea se lle ocorreu á mestra, toda a clase quixo participar traendo pequenas cousas da casa:
Unha casa para Xana, roupa, ferramentas de labradío,etc.
Puxemos un tendal, un bam - bam para que Xana non se aburrira, e moita, moita roupa, ademais axudámola a plantar amorodos na súa horta, e a facer un río e unha ponte para que puidera cruzar ao outro lado.

O seu tendal está feito por dous paus e un arame e o bam - bam que tanto llegusta a Xana ten dous anacos de cadea e uns paus finiños.

Xana vive dentro dunha árbore que ten duas ventás, unha porta e un balcón moi bonito polo que lle gusta asomarse.
Nos arredores da casa construimos un pozo de onde pode sacar a auga que precise e no camiño de diante da casa, que esta feito con pedras e area, hai unha mesa onde pode xantar os días de verán ao sol.

Xana ten un carromato que lle fixo o noso compañeiro Lucas. O carromato ten de todo:escaleiras para poder subir e baixar facilmente, cortinas vermellas, alfombra e cheminea...
Preto da casa de Xana vive o fermoso troll chamado Piruleta. Este troll e a súa casiña tróuxoos Aaron.
Dende que Xana e o trool viven aquí están moito máis contentos porque ven a unha morea de nenos e nenas e poden oír as historias que están nos libros que nós lemos no Xardín de Xana do colexio de Abegondo














                                               A NOSA AMIGA XANA

A nosa amiga Xana xa cumpriu o seu soño de vir vivir ao cole de Abegondo. Só lle quedaba ter a casa perfecta e nós, como amigos dela, axudámoslle a construíla. 
Así foi como sucedeu todo. Nós iamos facendo  e, mentres, Xana viña ver como adiantaba o proxecto. Sempre dicía:'' Que fermosa está, de verdade moitas grazas !''
Facer as obras foi moi divertido. Lourdes e os nenos e nenas da clase trouxeron cousas moi chulas das súas casas  para poder facer o que tiñamos pensado. Ao redor dunha árbore preciosa e grande do xardín - que hoxe é a casa da xacia-fada- cavamos un río e fixémoslle unha ponte, sementamos prados nos que viven as ovellas de Xana, cravamos paus para facerlle un bam-bam, sachamos unha horta cos seus amorodos, leituga, tomate... Puxemos unha horta a Xana porque nos dixo que lle gusta comer san. Xana sempre ten aparcados a bicicleta e o carromato á porta da casa.
Pretiño da casa de Xana, hai un bosque onde reside outro ser mitolóxico moi gracioso: un Troll chamado Piruleta. Chámase así porque no cu ten unha Piruleta. 

A Xana gústalle moito xogar co seu can Pedro. Tamén lle encanta ler, por iso dentro da casa ten unha biblioteca enorme. Ela pediunos que vos contemos que é importante que lle fagades un favor:
''Que sempre que poidades, vaiades xunto dela a lerlle contos''.
Así que xa sabedes:
                                A LER AO XARDÍN DE XANA!

                                         Aitana Tasende Domínguez 5 B
 

A historia do xardín de Xana

Para elixir onde iamos facer o xarín de Xana buscamos unha árbore preciosa e perfecta, despois puxémoslle pedras branas ao terreo, veres para o río e para a entrada area con pedras planas e negras.

Colocamos unha ponte curva enriba do río e un peixe nadando na auga de p.edra de cristal verde. Ao lado do río, puxémoslle un bosque. Nel, hai unha casa dun trol. 

Para construír a casa de Xana puxemos as ventás na árbore. Despois puxemos unha bicicleta e un carromato. Tróuxoos un neno da clase, están na entrada da súa casa. Xana, tamén ten un baúl coas súas cousas preferidas.

Continuamos a obra cun pozo e un bam-bam. Despois puxemos musgo e pedriñas polo chan.

Para rematar, puxemos a Xana, unha fada que viña do encoro de Cecebre para quedar a vivir no noso colexio.

Xana era unha xacia que vivía no encoro de Cecebre. Esta xacia fixo un trato coa raíña das xacias para que lle dera pés, para andar, e ás para voar.

O caso é que Xana se apropiou do xardín en canto o viu.

E así foi como se formou o " Xardín de Xana " e a súa historia.






Antía Loureiro Ferrío 5º B 28/04/2017


 
                                                  XANA A FADA


Esta historia empezou cando Lourdes nos propuxo facer un xardín para os nenos do cole. Preparamos nas nosas casas as pezas necesarias, algunhas fixémolas con material reciclado: con botóns e arames pódese facer unha bicicleta!

Comezamos as obras do  xardín un mércores do mes de abril de 2017. O primeiro que fixemos foi a casa da árbores, o camiño das pedras, a horta, o ríon e o tendal.. 

Antes Xana era unha xacia do encoro de Cecebre e converteuse nunha xacia-fada e veu para este colexio a escoitarnos ler porque lle encantan as historias.

                                                          

Xana trouxo  un cofre con recordos do seu fogar no encoro de Cecebre. Un deles é

 A CUNCHA
 Vouvos contar a historia desa cuncha...



Un día cando Xana estaba nadando polos alrededores do castelo das xacias, cando, nadando cerca do illote que hai ao lado do pozo das xacias, encontrou a cuncha. Logo, ao querer voltar a entrar na gorida das xacias, os gardas  preguntáronlle de onde viña. Case a castigan pero perdoáronlle ao ver a cuncha.




CANDELA ASENSIO PAZOS